Este curso afondaremos no tema das viaxes e utilizaremos como libro de cabeceira "Los viajes de Gulliver", do escritor irlandés Jonathan Swift.
Esta novela, que pertence ó subxénero literario dos relatos de viaxes, é unha sátira á natureza humana. Está dividida en catro partes e, cada unha delas, narra a viaxe a un lugar fantástico.
*Parte I: Viaxe a Liliput, onde unha raza de persoas de 15 cm de altura o fan prisioneiro.
*Parte II: Viaxe a Brobdingnag, onde Gulliver se sente anano no medio dos seus habitantes que acadan os 22 m de estatura.
*Parte III: Viaxe a Laputa, Balnibarbi, Luggnagg, Glubbdubdrib e Xapón, onde foi rescatado por unha illa flotante na que os seus habitantes eran estudosos das matemáticas, da música e da astronomía.
*Parte IV: Viaxe ó país dos Houyhnhnms, onde os cabalos faladores son os gobernantes, e os humanos son seres salvaxes.
Prepárate para comezar a lectura. Xa verás canto disfrutas investigando e aprendendo sobre as viaxes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario